viernes 26/2/21
Xinzo de Limia segue a ser “un concello seguro"

O Subdelegado do Goberno, salientou o comportamento da cidadanía, contribuíndo a reducir a progresión do virus da COVID-19

Na reunión telemática da Xunta Local de Seguridade
210223XLSXinzoLimia

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, copresidiron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, celebrada de maneira telemática, na que se realizou unha análise e valoración da seguridade cidadá, así como dos datos de violencia de xénero no concello.

Emilio González manifestou que Xinzo de Limia segue a ser “un concello seguro no que todas as administracións e as forzas e corpos de seguridade seguirán traballando para manter os niveis de seguridade”

121212O subdelegado do Goberno quixo trasladar aos representantes das forzas e corpos de seguridade presentes a súa felicitación pola profesionalidade demostrada e a súa capacidade de traballo ao compatibilizar dende o pasado mes de marzo as labores fronte a pandemia coa protección da seguridade, incidindo na importancia de manter a excelente coordinación existente entre todos os corpos.

Así mesmo, Emilio González quixo salientar o comportamento da cidadanía, contribuíndo a reducir a progresión do virus da COVID-19, salvo en ocasións excepcionais que deron lugar a propostas de sancións administrativas e que supuxeron que a cifra de infraccións administrativas no concello se incrementase con respecto ás cifras do ano anterior.

.