Susana Vázquez: “O Partido Popular é o partido das políticas para as familias”

Susana Vázquez na súa intervención na convención nacional do PP
Susana Vázquez: “O Partido Popular é o partido das políticas para as familias”

A alcaldesa de Porqueira participou esta mañá en Teruel no encontro “La España de los pueblos y la Europa Rural”, na que os populares situaron a loita contra a despoboación como un eixo chave das súas políticas fronte “ao abandono e intransixencia de Pedro Sánchez”

A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, participou esta mañá en Teruel na Convención Sectorial do Partido Popular “La España de los Pueblos y la Europa Rural”, na que os populares situaron a loita contra a despoboación como un eixo chave das súas políticas fronte “ao abandono e intransixencia de Pedro Sánchez”, segundo remarcou na inauguración o vicesecretario xeral Institucional do Partido Popular, Esteban González Pons.

Na súa intervención, a alcaldesa de Porqueira reivindicou as “políticas para as familias”, desenvolvidas dun xeito referencial, destacou, durante os 13 anos de presidencia de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia e continuadas por Alfonso Rueda, ademais de poñer en valor o traballo neste eido da Deputación de Ourense.

“Son unha gran defensora do medio rural: nacín no rural, crecín no rural, os meus fillos crecen no rural e eu vexo o rural coma unha oportunidade e un medio de vida que temos que defender”, sinalou Susana Vázquez, ademais de definirse como “unha gran privilexiada por poder contar co goberno na Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo e, agora, Alfonso Rueda”. A rexedora lembrou proxectos realizados no seu concello co apoio do goberno autonómico do Partido Popular como a residencia de maiores, “coa que ademais de coidar aos nosos maiores xeramos emprego e riqueza”.

Susana Vázquez na súa intervención na convención nacional do PP
Susana Vázquez na súa intervención na convención nacional do PP

“As políticas de apoio aos nosos maiores, aos nenos e a conciliación deseñadas en Galicia por Alberto Núñez Feijóo serán as que realice en La Moncloa para toda España”, avanzou Susana Vázquez antes de definir ao Partido Popular como “o partido das políticas para as familias”, destacando outras iniciativas implementadas dende 2009 pola Xunta de Galicia como as casas niño, as casas do maior, as políticas de conciliación ou de vivenda. Nesta mesma liña, Susana Vázquez tamén ponderou a importancia das políticas sociais executadas pola Deputación de Ourense, como a teleasistencia ou o programa de termalismo social.