Tarde axetreada de “Papa Noel” en Xinzo

1640376319416
Tarde axetreada de “Papa Noel” en Xinzo

Longas colas para saudalo, tanto na casa que lle puxeron na praza Maior, como na pista de xeo

Longa tarde de abrazos a que lle aconteceu esta tarde en Xinzo a Papa Noel. Durante máis de dúas horas escoitou todos os desexos dos máis pequenos que se achegaron ata a praza Maior e logo ata a carpa da piscina.

Pasadas as oito da tarde rematou o encontro cos máis cativos, para retirarse a descansar e coller forzas para o traballo que lle queda esta noite.

1640376378464OS AGRICULTORES DA LIMIA QUIXERON COLABORAR
Os agricultores da Limia quixeron un ano máis colaborar no día de hoxe para que todo fose máis bonito. Organizaron a súa propia cabalgata cos seus tractores engalanados percorrendo as rúas de Xinzo.
Esta iniciativa comezou o ano pasado con apenas 4 tractores, aos que xa este ano uníronse sete máis. É de esperar que esta bonita iniciativa vaia medrando ano tras ano, para que a nosa vila teña unha cabalgata antes da dos Reis, que sexa outro atractivo máis para estes días de Nadal.

Papa Noel estivo en Xinzo