O CEIP Rosalía de Castro volve a rozar os 400 alumnos.
A pouco máis de 3 días do comezo do curso escolar 23/24 quixemos pulsar a opinión dos directores dos CIP de Xinzo, correspondéndolle nesta ocasión ao do Rosalía de Castro o cal manifesta que o comezo deste novo curso vai a ser normal, sen problemas a prior de ningún tipo, tendo todo o profesorado necesario para o alumnado matriculado, que contando cos 15 de última hora, chegarán a case os 400, que xa fai moitos anos que non recordamos. Todo isto debido á matrícula de alumnado procedente, sobre todo de Latinoamerica, Perú, Salvador, Costa Rica, entre outros.
TRES AULAS POR NIVEL, PERO POR POUCO TEMPO
Ata estes últimos anos había máis de 50 alumnos por curso, polo que sempre tivemos 3 aulas por nivel, pero creo que isto vai a durar pouco posto que xa hai algún que está rondando os 50. Se isto se mantén e gracias a aportación do alumnado inmigrante.

DOUSCENTOS DEZ ALUMNOS NUNHA SOLA QUENDA DE COMEDOR
Unha das características diferenciadas deste centro é que ten moi pouco alumnado transportado, escasamente 70, moi poucos con respecto a matrícula xeral do centro. No comedor escolar, que está atendido por nais e pais colaboradores comen diariamente 210.
INTENTAR A ENTRADA NUN ERASMUS PLUS
Un dos obxectivos para este curso, segundo manifesta o seu director é a de entrar nalgún programa de Erasmus Plus. Temos profesorado interesado e comezaremos dende o minuto un para poder entrar.
O PROXIMO CURSO O CENTRO CUMPRIRÁ 50 ANOS.
O próximo curso o centro cumprirá 50 anos, comezaremos este curso a traballar posto que para novembro será o aniversario, pero craro haberá que facer algo. Eu espero que poida ser conxuntamente co outro centro de Xinzo, que segundo os datos que nos aportan, sobre todo a enciclopedia vivinte “ Gonzalo Sueiro”, que durante moitos anos foi o director o outro centro abriu 3 meses despois.
TERAPIA DE PSICOMOTRICIDAD EMOTIVA
Un dos proxectos nos que está metido o centro dende fai dous anos de EDUCACIÓN RESPONSABLE e VALORES patrocinado pola Fundación Botín, este ano queremos ir un pouco máis ala cunha terapia complementaria que é a de Psicomotricidade Emotiva da fundación AGRILAR.