martes 02.06.2020

Toda a Limia, menos Xinzo sen restricións horarias para paseos e deporte

A partir de mañá sábado

Toda a Limia, menos Xinzo sen restricións horarias para paseos e deporte

Excepto en Xinzo, nos demais concellos poderanse dar paseos ou facer deporte sen restrición horaria.

A distancia para facer paseos será de 1Km e para facer deporte o límite será o concello.

Para ver todas as normas do BOE prema aquí.

Poderei ir con alguén?

 Si, pero non con quen queira. Só poderá saírse a pasear á rúa cun "convivente", é dicir, cunha persoa coa que se estea convivindo estes días e, por tanto, en grupos de dous.Os paseos cos menores de 14 anos manteñen as mesmas condicións de acompañamento. As persoas que necesiten saír con alguén poderán facelo con ese convivente ou co coidador habitual.