lunes 30.03.2020

Todas as sirenas de Xinzo soaron ao unísono

Bombeiros, Policía Local, Garda Civil e Ambulancias

Todas as sirenas de Xinzo soaron ao unísono

Non se trataba de ningún sinistro repentino se non era a maneira, segundo comentaba unha facultativa do PAC, de dar ánimo a todos os compañeiros destes corpos que están a se enfrontar á pandemia en frontes moito máis complicadas que eles a que eles as están a vivir aquí. Queremos que se nos “oia” en todas partes agradecendo o traballo, esforzo e dedicación roldando a extenuación de todos os nosos compañeiros e compañeiras , non solo sanitarias.

Á concentración acudiron bombeiros Garda Civil, Policía Local e varias ambulancias. Os veciños da rúa do ambulatorio ao saír ás xanelas e balcóns como todos os días para homenaxear ao persoal sanitario, entre outros profesionais,  atopouse coas sirenas e escintileos dos coches e camións irrompendo con “vivas” e aplausos a todos eles.