29 de diciembre de 2020, 20:53
O susto levouno o propietario de Foto Dacal, cando chegou esta tarde ao negocio encontrouse na porta aos bombeiros e a Policía Local.
Todo quedou nun susto manifesta Luis Dacal debido a que unha chispa da estufa de peles saltou nunha caixa de cartón para o lixo con anacos de marcos de cadros que se apagou simplemente pisando nela.
Afortunadamente todo quedou nun susto e non tiveron que pechar en ningún momento o establecemento.
Luis agradece a prontitude tanto dos bombeiros como da Policía Local que acudiu ata o seu establecemento.