sábado 25.01.2020

Toni, portavoz do PP quixo transmitir o desanimo e tristeza polo acto desta tarde de entrega de premios e sorteo

Eu creo que o Concello debería coordinar un pouco máis estes actos

Antonio Fdz.Toni
Antonio Fdz.Toni

Nada máis acabado o acto de “non entrega” de cheques aos agraciados cos cheques da campaña do comercio polo Nadal Antonio Fernández -Toni, portavoz do PP quixo manifestar a súa tristeza polo que entende como pouco apoio por parte do Concello a un acto do comercio de Xinzo e por outra banda ao sorteo da feira ALIMAGRO 19 que si lle compete directamente.

Citáronnos a un acto no que solo está por parte do Concello o concelleiro de Promoción Económica e concelleiros do PP.

Este podería ser un acto bonito e de promoción do comercio de Xinzo e por outra banda, faise o sorteo do premio de promoción dun pincho do noso produto estrela “a pataca” e menuda promoción se lle deu, tres concelleiros e sete persoas máis.

Cualificou de triste o acto e descualificou ao equipo de goberno pola imaxe que están dando organizando actos como este, desta tarde.