martes 11/5/21

A Torre de Pena máis accesible grazas ás labores de limpeza da vexetación

pena

    Rematou a primeira fase do proxecto de rehabilitación da Torre de Pena. Esta contemplaba labores de limpeza da vexetación por un valor de 30 mil euros que aporta a Xunta de Galicia.pena3

A torre está agora máis accesible ó quedar totalmente visible e transitable o camiño que a bordea por un dos laterias.

Do mesmo xeito quedan á vista riquezas do patrimonio como a pare da muralla que aínda se conserva en pé.pena 2

Agora faltan dúas fases máis para rematar co plan que subvenciona a Xunta. Estas serían a fase pola que se vai acometer unha cata arqueolóxica de todo o perímetro, e a fase de promoción turística. 

Para estes últimos pasos, o Concello de Xinzo busca fondos para financiar os 100 mil euros que restan para que quede todo rehabilitado. 

Comentarios