martes 21/9/21

Trasmiras segue coa piscina pública pechada.

O BNG, quere informar a cidadanía dos verdadeiros motivos de que estea pechada.

55555

Dende o BNG Trasmiras queremos contarlle a cidadanía cales son os verdadeiros motivos por os cales non se abren as piscinas municipais do noso concello. 

A piques de comezar o mes de agosto o rexedor do noso concello publica un bando anunciando que as piscinas municipais permanecerán pechadas. 

Menuda sorpresa!, permanecerán pechadas di, como se tivese mostrado ata o de agora interese algún por intentar abrilas, pois levan dous anos abandonadas á súa sorte! Basta con velas e ver o estado no que se atopan, incluso despois de investir nelas a Deputación de Ourense 51.000€ para reformas. Ver para crer!

33333No mes de xuño, cando outros concellos veciños apuraban a posta en marcha para abrir en xullo, o alcalde no pleno ordinario dese mes asegurounos abrilas en canto terminasen as obras. No mes de xullo termina a reforma a primeiros de mes e seguen sen abrir, pero el no pleno extraordinario do día 12 vólvenos asegurar, desta vez mentíndonos á cara descaradamente, que si que as ía abrir, cando xa sabía perfectamente que non o ía facer. Esa é a argucia de sempre!!!  Nunca tal incompetencia se viu nun mortal! Mais a nós  xa non nos enganou ese día, porque sabiamos que a esas alturas non atopara socorrista e que tiñamos que devolver a subvención que a Deputación concedera para cubrir ese posto. Unha máis, unha menos, que máis dá!!; xa nos ten acostumados!!
E agora, a finais de xullo,  ten a vergoña de publicar este bando alegando "motivos técnicos alleos ao concello"!!!  De verdade?!?!?! E cales son eses motivos? A súa incompetencia para iniciar unha reforma a tempo? Ás fotos me remito. Foi tarde, mal e...inservible!!! Menudo mentirán patolóxico está feito! Unha tras outra!
En Trasmiras xa non nos queda nada do que poder presumir. Ah non, mentimos!! Aínda nos queda a súa nefasta xestión, algo do que sobradamente podemos loarnos!! Aí ninguén lle gana. Algo é algo!

Para bañarse temos que ir a Cualedro  ou a Xinzo

Para as piscinas temos que ir ás de Cualedro ou Xinzo;  para o médico, a Sarreaus. Que vai ser o seguinte?...

44444

Comentarios