Turróns artesáns de pataca frita feitos en Xinzo

20191204_121009
Turróns artesáns de pataca frita feitos en Xinzo

Feitos polo alumnado de hostalaría do IES Lagoa de Antela

O alumnado de hostalería de primeiro e segundo curso este ano 2019, despois de indagar con diferentes artigos e diferentes fórmulas, van producir, para destinar á súa venda entre os membros da comunidade educativa e quen o desexe previo encargo, Turróns artesáns de diferentes sabores, pero empregando produtos kilómetro cero –na medida do posible- e de proximidade.

O diñeiro que se pretende recadar con esta actividade vaise destinar a actividades complementarias para perfeccionar a formación tanto de cociña como de servizos. Os sabores que se desenvolveron con acerto e gusto son, ademais dos clásicos de mazapán ou de améndoa, entre outros os seguintes:

etiqueta turron

- TURRRÓN DE PATACA FRITA, no que se mestura o sutil renxer e sabor da pataca chip de Xinzo de Limia e o toque de sal que activa as papilas gustativas singularizando do artigo

-TURRÓN DE FLOCOS DE MILLO, cunha base de mazapán, este artigo foi desenvolto en colaboración con Carlos Varela – brand ambassador da marca Monin- e o seu deseño emprega ingredientes propios de coctelería creativa, disciplina que tamén se imparte no segundo curso do ciclo.

-TURRÓN DE PRALINÉ de CACAHUETE, elaborado cun triturado da tradicional garrapiñada de feira.

-TURRÓN DE MEL DO XURÉS, emprega como elemento diferenciado Mel do Xurés facilitada polo produtor Jose Benito, o único que conta na zona co selo de produtor ecolóxico.