domingo 23.02.2020

"Os usuarios reclaman a sauna na piscina climatizada"

Segundo unha nota enviada polo Partido Popular de Xinzo
Piscina climatizada
Piscina climatizada

No último plenario ordinario do Concello de Xinzo de Limia, o Grupo de Goberno Municipal, no debate sobre o apoio  aos clubs deportivos e as distintas asociacións, trasladou a bancada do Grupo Popular que a nova filosofía no apartado deportivo municipal sería a mellora das instalacións; onde se chegou a dicir que o anterior concelleiro de deportes “non ía polas mesmas”.

Dita filosofía cae polo seu propio peso e a ignorancia da labor que se facía en deportes no anterior goberno é tan grande que “clama ao ceo”.

Fai meses anunciouse a bombo e platillo o investimento de 10 mil € na piscina climatizada, unha man de pintura, uns carteis e punto. O mesmo tempo que está pechada a sauna de dita instalación; onde era no primeiro que se debía investir ou tamén, no novo ximnasio.

Non se está a facer caso ás reclamacións das usuarias e usuarios, que levan meses sen poder facer uso da sauna, que levan meses sen poder ir os mediodías como antes se facía.

De nada vale vender á galería unha filosofía de mellora de instalacións, que calquera partido leva no seu programa electoral; se ditas instalacións se baleiran.

 E a boa herdanza que recibes dun Concello, que estaba a cabeza de Galicia no ámbito deportivo, que  vas  dilapidando pola nula xestión política, salvada en moitos casos polo traballo dos técnicos deportivos municipais e os propios clubs.