martes 11/5/21
A partir do luns 22 de febreiro

VACINA PARA MAIORES DE 80 ANOS

A vacinación dos maiores de 80 anos será por orde alfabética comezando pola letra 'H'.

1539862478103VacunaGripeEstandar

"Empezaremos co primeiro apelido que teña a letra 'H' e así iremos secuenciando ata a 'Z' e logo a volver empezar pola 'A'. É o criterio máis obxectivo, máis limpo",

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezou este luns a chamar aos maiores de 80 anos para citalos a vacinarse a partir do próximo luns, 22 de febreiro. A administración das doses seguirá unha orde alfabética por apelidos, que se iniciará coa letra 'H'.

O Presidente da Xunta, fixo estas declaracións unha vez rematada a reunión do comité clínico que asesora ao SERGAS.

A vacinación farase nos centros de saúde das cabeceiras de comarca, no caso do rural, , para aqueles que poidan desprazarse ata eles. Para as persoas que non poidan facelo, achegaranse ata os domicilios para vacinalos.

CAPACIDADE OPERATIVA PARA 100.000 VACINAS POR DÍA

Na mesma rolda de prensa o Presidente afirmou que Galicia ten capacidade , por equipos, para poñer cen mil vacinas por día.

"O problema é que non temos nin 25.000 vacinas á semana e non temos nin 100.000 vacinas ao mes. Por tanto, aquilo que podemos facer nun día, temos que investir 30 días",