domingo 29.03.2020

Os vándalos voltaron polo Nadal

Se coñece,  que a algunha xente non lle gusta o ambiente do Nadal
Os vándalos voltaron  polo Nadal

Non se saben os motivos, nin por supostos os autores,  polo que uns vándalos na noite do venres para o sábado desfixeron o pequeno nadal que os comerciantes da praza de S. Roque puxeron para facer máis acolledor a súa praza e de paso contribuír a ornamentación do nadal da vila.

IMG_20191228_115147Pois debeu ser que a algún ou algunha lle estorbaban as figuras feitas con rodas de coches e demais elementos reciclados que se dedicaron a destruír todo o que tanto esforzo, non solo económico se non físico lles custou aos que sacando horas ao día o fixeron.