jueves 15/4/21

Veciño de Xinzo denunciado, entre outras cousas, por ir acompañado dunha muller da cal tiña orde de afastamento

Tamén por dar positivo no test de drogas

1212121212
Captura foto cedida

Na mañá de onte a Garda Civil fixo un control na autovía A-52 no termo municipal entre Xinzo e Sandiás para controlar, desprazamentos inxustificados, e exceso de velocidade.

No control detiveron a J.P.A de 59 anos , veciño de Xinzo ao cal tiveron que denunciar por varios motivos, segundo indica o corpo nunha nota de prensa.

Primeiramente porque ía acompañado por unha muller da cal tiña orde de afastamento. Así mesmo despois de facerlle o test de drogas deu positivo, e por último fixeron unha proposta de sanción porque todos os ocupantes do vehículo, non xustificaron o desprazamento, fora do domicilio, estando prohibida a saída do termo municipal.