viernes 5/3/21
R segue a cobrar o recibo como si nada pasase

Velocidade terceiromundista

A compañía R non fai caso as reclamacións dos veciños
IMG_20201201_203855
Medición de velocidade de R con fibra e cable

Todas as noites pasa o mesmo. Ao pasar das oito e media nove os usuarios de R que dependen de un “NO” de cabeceira que afecta a unhas cantas rúas de Xinzo, entre elas Marcelo Macias atópanse na situación de que a súa velocidade contratada, nalgúns casos de 200 Megas  non chega a 30.

NON PODEN VER A TV ON LINE

Xa non solo sofren a velocidade nos seu ordenador, tf, tablet etc, se non que  esta non chega para poder ver a TV, on line.

A COMPAÑÍA PASA AMPLIAMENTE

A primeira reclamación, que aínda está aberta, relata un afectado é do 29 de novembro e a última resposta do servicio técnico e que o “NO” ten unha saturación do 98%, ou sexa faltan poucos días para quedar sen servicio.

NOTIFICACIÓN AO CONCELLO

Os veciños estanse organizando para pedirlle ao concello que autorice a outras compañías para que poidan instalar fibra, posto que desta maneira están a sufrir un monopolio de R, pero con prezos abusivos con respecto aos de outras compañías.