jueves 15/4/21
Denuncian entre outras cousas o mal estado das pistas de padel recen estreadas

“Vendo que fago moito, cando non fago nada”.

Así define o grupo Popular no concello de Xinzo a labor do grupo de goberno
Pistas de padel
Pistas de padel

 Un pista pechada por numerosas deficiencias e a outra con perigo de lesións é como se atopan a día de hoxe ás dúas pistas de pádel municipais.

 Estas instalación estreáronse no verán pasado e en menos dun ano suman queixa tras queixa por non estar en adecuadas condicións de uso. Protestas que o Grupo Municipal Popular estamos a recoller e levaremos ao vindeiro pleno ordinario do mes de abril. Incredulidade é a que mostran usuarias e usuarios destas pistas ante este abandono por parte do Grupo de Goberno dunha recente instalación que tivo un custe de máis de 40 mil €.

 Dende o Grupo Municipal Popular na quenda de rogos e preguntas do vindeiro Pleno abordaremos este abandono dunhas pistas  estreadas fai uns meses, con pouco uso debido ás restricións pola pandemia e que demostran unha vez máis o desleixo do Grupo de Goberno Municipal, ao que só preocupa a foto e o titular, despreocupándose de como quedan rematadas as obras adxudicadas a dedo, sen concurso algún.

  Un aparcamento exterior cheo de fochancas ao pouco de construír, unha pista agrícola en Baronzás estreitísima, ou as defectuosas pistas de pádel son exemplos dun “todo vale”, onde non se revisan ben os proxectos, as execucións, nin os remates de cada obra.

O importante para Alcaldía e concelleiros de goberno é unha vez máis o “vendo que fago moito, cando non fago nada”. Nin axudan a xente máis necesitada despois dun ano horrible, nin se preocupan de como se fan as cousas. Do que se preocuparon foi de aprobarse uns supersoldos e crear comisións-chiringuito cun custe para ás arcas municipais de máis de 90 mil € anuais.

Cunha foto, un bonito titular e un discurso escrito polo gabinete de comunicación,  queren xustificar  perante a prensa, as RRSS e a veciñanza, unha ineficacia que cada día queda en evidencia.