miércoles 08.07.2020
Nota de prensa

O grupo popular do concello recórdalle a Alcaldesa quen sacou adiante a circunvalación

“Vendo que fago moito, pero non fago nada” (Grupo Popular de Xinzo)
Grupo Popular de Xinzo
Grupo Popular de Xinzo

Unha gran frase se escoita estes días polas rúas e pobos de Xinzo, “Vendo que fago moito,  pero non fago nada” referente á xestión que está a realizar o Grupo de Goberno Municipal no ano que leva de mandato.

O último episodio de tantos é o  querer vender a Alcaldesa como logro dela, a nova Circunvalación coa que vai contar a vila.

11Proxecto financiado 100% pola Xunta de Galicia, investimento que se conseguíu e presentou no anterior mandato. Un investimento de máis de 2 millóns de €, que polas rebaixas das empresas contratantes dá para poder acometer o saneamento e beirarrúas das pistas afectadas.

Un engano máis que se suma ao que xa fixo co proxecto ás veciñas e veciños da Av. de Celanova.

Pero como hai que vender, cando non hai que vender; foto e nota de prensa co traballo e os logros da anterior corporación.

 Cada comunicado ou nota de prensa que sae do Concello só ten un significado “Vendo que fago moito, pero non fago nada”