martes 20/10/20
Nadal

Verónica Villamarín Riós, gañadora do sorteo do comercio de Xinzo

Irá de cruceiro polo Mediterráneo con todo incluído durante unha semana, cunha praza tamén (todo incluído) para a persoa que ela escolla de acompañante.

13

Preto de dúas mil papeletas foron as que se selaron na campaña de Nadal e que chegaron ás diferentes furnas distribuídas nos comercios da vila.

12Segundo indican os organizadores, a campaña foi un completo "éxito", posto que moitas das papeletas que se fixeron quedaron nas casas sen ser entregadas.

Setenta e tres tendas e comercios participaron nesta primeira edición. Os organizadores xa pensan noutra campaña antes do Nadal que vén.

Comentarios