miércoles 12/8/20

O viño e o deporte únense para un bo fin

CATA PREMIUN de VIÑA COSTEIRA en Xinzo

A Asociación Deportiva Limiactiva organiza unha CATA PREMIUM de viños coa colaboración de VIÑA COSTEIRA, co fin de recadar fondos para ás súas actividades.

O evento está programado para o vindeiro xoves, dia 11 de decembro, ás 20:30 h, no Hotel Xinzo.

Para os asistentes a esta cata suporá unha boa experiencia e enriquecemento, en canto a formación e consellos que recibirán de expertos enólogos.

Temos claro que para disfrutar dun bo viño, non é necesario ser un experto, pero nesta cata, guiada por profesionais, de seguro que coñeceremos os pasos fundamentais a ter en conta á hora de realizar unha cata analítica e profunda.

Dende a A. D. Limiactiva queremos dar as grazas a todos aqueles que xa mercaron a súa entrada para esta CATA PREMIUM, e animar ós veciños da Limia, a participar, pois ademais de degustar grandes viños e adquirir formación sobre a súa análise, estarán contribuíndo co proxecto deportivo que esta asociación está desenrolando por toda comarca.

As entradas para a cata xa están a venta, por 10 euros, nos seguintes establecementos. O aforo é limitado.

  •          HOTEL XINZO.
  •          DISTRIBUCIONES CERREDELO.
  •          BAR ESTACIÓN.
  •          CAFÉ BAR BANDOS.
  •          BAR MADRID.
  •          CERVECERÍA AVENIDA.
  •          RESTAURANTE EUROPA.
  •          BAR DEGUSTACIÓN RÍO SALAS.
  •          RESTAURANTE LLALLAS E TAGUÍN.
  •          Ou poñendose en contacto coa asociación a través do teléfono 665936887.

Comentarios