miércoles 30/9/20

Voluntarios de Xinzo chegan á Rúa do Paseo ourensá para denunciar a pobreza infantil

Será na mañá do sábado e contarán con actividades 

    O grupo de voluntarias e voluntarios da Limia forman parte do proxecto "Movemento España pola infancia". A iniciativa estase levando a cabo por toda a península e busca chamar a atención da sociedade sobre a pobreza infantil. España é o segundo país da Unión Europea con máis nenos pobres. cartel xira

Co fin de frear este mal, estase levando a cabo unha xira a nivel nacional que busca recoller a opinión dos axentes sociais e académicos relacionados coa infancia. O fin último é realizar un plan estratéxico para reducir a pobreza infantil española.

Con tal propósito, o sábado, o grupo de voluntarios estará na Rúa do Paseo de Ourense presentando a xira. Será de 11h a 14h e teñen programadas mulitude de actividades para tódalas idades. Ente elas, baile, xogos con agasallos, pintura mural e pinta caras, entre outras. Todo é de balde. A actividade vaise levar de maneira simultánea en 29 cidades de toda España.

Comentarios