jueves 15/4/21

“A WEB SERIE OURENSÁ QUE RESISTE AO CORONAVIRUS”

O alumnado de 2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A FARIXA está a realizar “Os tempos mortos do Führer”, unha webserie con factura profesional para poñer en práctica os seus coñecementos.

IMAXE RODAXE TEASER EQUIPO
IMAXE RODAXE TEASER EQUIPO

Qué facía o Führer nos seus ratos libres? Está é a cuestión que resolverá “Os Tempos Mortos do Führer”, unha webserie satírica de dez capítulos na que veremos a Adolf Hitler nos seus momentos máis íntimos e coñeceremos a súa cara oculta adentrándonos nos seus enredos, problemas e situacións cómicas. A actual situación de pandemia non merma a ilusión dos seus produtores, cinco estudantes do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa, que asumen este reto con ambicións profesionais, e están dispostos a convertir o proxecto en realidade a pesar dos impedimentos.

ENSAIOS (1)“As dificultades xeneran oportunidades”, defende Elisa, directora de produción, e parte, xunto a Uxía, Gemma, Javier e Antía, da produtora ficticia Conxuro Producións. A rodaxe de “Os tempos mortos do Führer”, prevista para finais de febreiro, tivo que ser aprazada polas restriccións. Pero este imprevisto, lonxe de truncar o desenvolvemento do proxecto, serviu para dar forzas ao equipo e ampliar os seus obxectivos tanto na búsqueda de financiamento como no traballo de produción e dirección. De feito, dende o equipo apostaron por a gravación do teaser este mes de marzo para ter unha primeira toma de contacto e amosar ó público e as diversas entidades os avances do proxecto e a súa calidade.
O que naceu como un proxecto educativo dun módulo do ciclo, estase a convertir nunha webserie de factura profesional, que conta no seu equipo con grandes nomes do sector. Sen ir máis lonxe, o actor protagonista, Héctor Martínez, é colaborador habitual de Sarabela Teatro, e participou no filme “Luarada”, de Óscar Doviso. José Manuel Mao terá un papel fundamental na webserie xa que se meterá no papel de Hans Franz, a mán dereita de Adolf Hitler. Participou en diversos proxectos entre os que destacan: “Lavilledieu”, “Un Mundo Feliz” ou “Luarada”. Tamén forma parte do equipo artístico Elena Seijo, cofundadora de Sarabela Teatro, e cunha ampla experiencia tanto teatral como audiovisual, traballando en producións de ámbito nacional como “Vis a Vis”, “La Valla”, e máis recentemente “El Desorden que dejas”. A dirección e a dirección de fotografía estará a cargo de Daniel Rodríguez, ex alumno do CIFP A Farixa, con traballos de calado como a webserie “Válgame Deus” (Galicia), a curta Another Luna (EEUU) ou videoclip Tierra de Nadie (Galicia). Deseguido Luca Yohan Silva Lamy será o encargado de crear unha ambientación acorde a época baixo o cargo de director artístico. Estivo en proxectos de tal calibre profesional como “O que Arde” onde exerceu de axudante na dirección artística e que dito filme foi galardoado nos Prermios Mestre Mateo por a mellor Dirección de Arte. Ademáis participou en producións de ámbito nacional como a serie “La se avecina” ou “Vivir Sin Permiso”” e de ámbito autonómico como “Serramoura”.

En termos de financiación, o equipo de produción tamén está a traballar con obxectivos ambiciosos. Actualmente conta con patrocinios importantes como Gadis, Leticia Celaá Beauty Lounge, ou o propio Departamento de Dinamización Lingüstica da Farixa, ademáis de dito centro. Outras empresas como Antigüedades Urbano (Ourense) ou o Retiro do Conde (Vilaza) están a colaborar de maneira directa co proxecto. A estes apoios pretenden sumar o nome dunha gran marca co fin de cubrir o orzamento previsto, e acadar uns estándares de produción dignos dun Mestre Mateo.

Ademáis, crearonse perfís en Instagram @ostemposmortosdofuhrer) e en Facebook (@ Os Tempos Mortos). Entre os seus seguidores destaca, Patricia Fernández Santana, presentadora do “Luar” ou Esther Estévez do programa galego “#DígochoEu” e algunha que outra interacción co programa da TVG “Land Rober Tunai Show”. Cabe destacar o número de seguidores que alcazaron, máis de medio millar, aos que eles mesmos clasifican como “Exército do Führer”, sen esquecer que contan co apoio de persoaxes públicos como Ilenia Morales e Noelia Campo, Carmen Rodríguez ou Natalia Álvarez. Cabe destacar que o alumnado conta con fieis da webserie de todas as partes do mundo como Brasil, Italia, Suíza, Venezuela, Francia e Rusia.EQUIPO TRABALLANDO (1)

“Os tempos mortos do Führer” é outro exemplo de que o CIFP A Farixa segue involucrado en formar os seus alumnos e alumnas en Produción de Audiovisuais e Espectáculos desenvolvendo proxectos de alta calidade. As curtametraxes “Instalación” e “Tourettes”, os videoclips de “The Tetas Van”, a webserie “Válgame Deus” ou o documental “A Pinga” son mostra de ese afán por achegar o traballo profesional ás aulas.