sábado 07.12.2019
NOTA DE PRENSA DO GRUPO POPULAR DE XINZO

"Xa non nos valen as reiteradas peticións de perdón ou desculpas que Dna. Elvira Lama"

Calquer nova que sae do Concello á prensa tampouco se comunica ao noso Grupo
Grupo Popular no Concello (Foto arquivo)
Grupo Popular no Concello (Foto arquivo)

Enorme malestar  temos  no Grupo Municipal Popular pola  desconsideración que o Goberno do Concello de Xinzo de Limia ten hacia nós pola falla reiterada, e xa cremos que malintencionada de comunicación.

Trócanse os plenos ordinarios do día fixado e non  se conta coa Oposición para ver as mellores datas, convócase un pleno extraordinario para 5 minutos despois da comisión pertinente, sen avisar con tempo de antelación, cando os técnicos xa o sabían con días de antelación; pero o Grupo Popular avisase un intre antes.

Minutos de silencio, aperturas de cursos ou ciclos, concentracións, convocatorias á veciñanza, reunións públicas, actos ou eventos de todo tipo, ... que organiza ou colabora o Concello; hai unha nula comunicación por parte do departamento que leva directamente Dna. Elvira Lama.

Calquer nova que sae do Concello á prensa tampouco se comunica ao noso Grupo. Todo isto no anterior goberno non pasaba, as persoas que levaban comunicación enviaban o mesmo email das notas de prensa e invitacións, a os  medios e as portavocías de cada partido e tamén aos concelleiros e concelleiras, da oposición, que así o solicitaban xa que a súa portavoz non os avisaba.

Xa non nos valen as reiteradas peticións de perdón ou desculpas que Dna. Elvira Lama dá nos plenos ou nas comisións informativas, pura hipocrisía.

Pola maña pides perdón no pleno, dicindo que non ocorrerá máis, e pola tarde tes a presentación e inicio do curso de “ O paraugas do Alzheimer” e non di nada, pura hipocrisía.

Somos o principal grupo da oposición, somos o grupo con máis representación plenaria e somos o grupo que máis votos da veciñanza, o grupo que gañou as eleccións municipais; pedimos respecto xa que somos unha parte importante deste Concello. Non queremos máis opacidade e falta de información xa reiterada, cál é o medo do Grupo de Goberno?. Presumen dunha transparencia irreal, transparencia que había no anterior goberno.