lunes 23/11/20

XA propón que se lle dedique a Carlos Casares o Día das Letras Galegas de 2017

O vindeiro ano é o 50 aniversario da primeira obra do escritor Vento Ferido

    A través dunha moción, Xinzo Adiante insta ó Pleno do Concello de Xinzo, para que lle soliciten á Real Academia Galega, que Carlos Casares sexa o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017.

XA considera que sería unha forma de recoñecer a súa "traxectoria vital, literaria e política de Carlos Casares, en defensa constante da lingua propia de Galicia, así como das ideas democráticas e da liberdade, colaborando na redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística no 1983 e na creación do Consello da Cultura Galega", sinalan a través dun comunicado. 

A formación política destaca que o vindeiro ano é o 50 aniversario de Vento Ferido, a primeira obra do escritor limiao de crianza e adopción, por iso manteñen que é unha boa ocasión para dedicarlle ó día 17 de maio.

Deste xeito manteñen que se poría en valor a figura de Carlos Casares como narrador, precursor e impulsor da renovación da narrativa galega nos anos sesenta e da literatura infantil e xuvenil. Tamén destaca a súa faceta ensaísta grazas ós seus estudos dos distintos periodos e autores de Galicia. Traduciu obras ilustres e participou de maneira activa na política loitando pola liberdade da lingua e  cultura galegas. 

Apuntan que "sería un recoñecemento á súa traxectoria vital, política e literaria, alén dun prestixio para o noso municipio e de dar cumprimeto ao labora normalizador da lingua galega que contempla a lei para as entidades locais, crear un certame literario que leve o nome do autor". Esta última petición tamén será trasladada ó pleno municipal. 

 

 

 

Comentarios