lunes 30/11/20

Xa temos as fotos dos balcons e xanelas gañadoras no concurso organizado polo concello de Xinzo

As gañadoras recibiron vales para mercar nos comercios e hostalería da vila
Un dos balcóns premiados
Un dos balcóns premiados

O Concello entregou fai unhas semanas os premios do concurso de balcóns en xanelas co que se homenaxeou ao persoal sanitario

Concurso balcons premiadas

As gañadoras do primeiro concurso de embelecemento de balcóns en xanelas  recibiron o seu premio, que lle foi entregado pola alcaldes de Xinzo, Elvira Lama, acompaña no acto polos concelleiros de Cultura, Ramiro Rodríguez, e o de Infrestruturas, Rafa Penabad.

Consistiu, como xa estaba recollido nas bases, en cheques de compra por importe de 100 euros para gastar no comercio e a hostalería locais. Pero ademais, cada una das 4 gañadoras recibiu outro vale por importe de 30 euros para investir en plantas e produtos de xardinería de Xardín da Limia, unha colaboración desta empresa que agradeceron tanto as premiadas como o propio concello.

BALCÓN 4

As gañadoras deste concurso foron María Carrera e Marina Pousa, na sección vila, e María Freiré (Boado) e María Losada (Morgade), na sección de pobos.

Durante a entrega dos premios, Elvira Lama puxo en valor o esforzo e o traballo feito por estas mulleres e animou a tódolos veciños e veciñas a que participen en vindeiras edicións, garantindo así a continuidade dunha iniciativa que se realizou por primeira vez.

O concurso expúxose inicialmente como unha contribución ao embelecemento da vila e os seus pobos, convertendo as rúas en espazos saudables, si ben logo tivo que aprazarse por mor do confinamento. Unha vez rematada a desescalada, o goberno local decidiu retomalo, dándolle ademais un xiro ao presentalo tamén como unha forma de render homenaxe aos sanitarios da vila, substituíndo así por flores os aplausos das 8 da tarde que soaron cada día durante os peores momentos da pandemia.

BALCÓN 2BALCÓN 1