sábado 19/6/21

O xeodestino Celanova Baixa Limia pon en marcha o seu "GEOCACHING"

Foi presentado na feira de FITUR 2021 que se está a celebrar en Madrid
210521 Fitur1
Presentación do Geocaching Serra do Xurés

‘GeoTour Celanova-Xurés’ consente facer cada unha das rutas mediante a utilización da app oficial Geocaching que posibilita descubrir tesouros a través de pistas ofrece a propia aplicación. O GeoTour creado é un paquete personalizado que conduce aos xogadores, listos para viaxar ao xeodestino que se converte nun obxectivo gozado polos visitantes.

O presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, acompañados polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, presentaron no marco da 41ª edición da Feira Internacional de Turismo en Madrid, “ Geocaching, descobre os tesouros en Terra de Celanova-Serra do Xurés” como unha das actividades innovadoras que se propón para dar a coñecer a riqueza histórica, cultural e patrimonial dos 14 municipios que integran este xeodestino.

Con esta iniciativa pretendemos “ofrecer un produto turístico diferente e adaptado ás novas tecnoloxías, co que sexamos capaces de atraer ao turismo familiar a esta zona, así como aos afeccionados ao geocaching que utilizan esta aplicación para descubrir os atractivos turísticos do territorio. No caso do xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés “contamos cun total de 39 cachées/cachés (tesouros) colocados por diferentes puntos de interese dos catorce municipios”, explicou Emma González.