sábado 24/10/20
Magosto

Xinzo Adiante celebra o seu magosto este sábado

A formación veciñal de Xinzo de Limia celebra o seu tradicional magosto un ano máis.

WhatsApp Image 2017-11-27 at 20.05.27

A formación política Xinzo Adiante celebra un ano máis o seu xa tradicional magosto. Este ano terá lugar no Campo da Feira da vila de Xinzo.

A festa celebrarase este sábado, día 2 de novembro, a partir das 20:00 horas da tarde. O magosto é aberto a toda a cidadanía que queira partillar cos militantes e simpatizantes de Xinzo Adiante esta data.

O prezo é de 7 € e para se apuntar é preciso enviar un mail a [email protected] ou chamar ao 698148725.

Comentarios