martes 21/9/21

Xinzo Adiante non apoia a ningunha candidatura

XINZO ADIANTE CHAMA Á CIDADANÍA A ENCHER AS URNAS O 20 DE DECEMBRO 

anagrama

Ante a convocatoria electoral ás Cortes Xerais do estado, que se celebrará o vindeiro 20 de decembro, na última asemblea de Xinzo Adiante aprobouse o seguinte posicionamento respecto a estes comicios:
1.    Xinzo Adiante chama á cidadanía de Xinzo de Limia a acudir masivamente ás urnas, pois votar é a expresión democrática da vontade dos cidadáns. 
2.    Xinzo Adiante non apoia a ningunha candidatura en concreto, dando liberdade aos seus militantes e cargos electos a posicionárense individualmente do xeito que consideren axeitado.
3.    Con todo, desde Xinzo Adiante pedímoslles aos cidadáns e cidadás de Xinzo de Limia que non apoien nin a PP nin a PSOE, pois estes dous partidos son os causantes da crise e dos recortes que levamos padecendo durante os últimos anos. 
4.    Desde Xinzo Adiante realizamos unha chamada a apoiar aquelas candidaturas que garantan a:
a.    Creación de mecanismos de participación cidadá na vida pública.
b.    Transparencia, loita contra a corrupción e eliminación de organismos caciquís como as Deputacións, que son centros de despilfarro e endogamia partidista.
c.    Servizos públicos blindados (sanidade, educación, dependencia, pensións).
d.    Recoñecemento da singularidade galega, como pobo cunha lingua e cultura propias dentro do estado español.
e.    Un plan de choque contra a pobreza, a exclusión social e pola igualdade entre homes e mulleres.
f.    O apoio ao sector agrícola, gandeiro e forestal, á súa modernización e internacionalización, así como á consecución de contratos entre industria e produtores a prezos xustos.
 

Comentarios