XINZO ADIANTE RECOLLE O MALESTAR DOS VECIÑOS DE PIÑEIRA SECA POLO ESTADO NO QUE SE ATOPA A CANCHA DEPORTIVA E OS SEUS ARREDORES

10
XINZO ADIANTE RECOLLE O MALESTAR DOS VECIÑOS DE PIÑEIRA SECA POLO ESTADO NO QUE SE ATOPA A CANCHA DEPORTIVA E OS SEUS ARREDORES

XINZO ADIANTE RECOLLE O MALESTAR DOS VECIÑOS DE PIÑEIRA SECA POLO ESTADO NO QUE SE ATOPA A CANCHA DEPORTIVA E OS SEUS ARREDORES.

Durante a pasada campaña electoral, Xinzo Adiante fíxose eco do malestar dos veciños e denunciou publicamente o estado no que se atopaban tanto a cancha deportiva de Piñeira Seca como os seus arredores (sucios, con herba ata os xeonllos e xestas de dous metros). O pasado 14 de xuño, o Concello iniciou os labores de limpeza, deixándoos a medias. Estes foron retomados a comezos do mes de agosto, pero de xeito incompleto.

12A realidade é que, ademais de precisar máis dun mes e medio para desbrozar as xestas que invadían a cancha deportiva, deixaron esta totalmente ocupada polos desbroces, que se amontoan ao longo e ancho da cancha, impedindo que esta se poida empregar coa finalidade para a que foi construída: xogar a baloncesto e outros deportes.

Xa que logo, o importante número de nenos e xoves que habitan Piñeira, tanto no inverno como -sobre todo- na época estival, non puideron usar as súas instalacións deportivas en todo o verán, grazas á incompetencia dun goberno municipal que tarda máis dun mes e medio en limpar o recinto e deixa o refugallo no seu interior. Agardamos que non teñamos que esperar outro mes medio para que o Concello teña a ben enviar un camión a recoller as xestas amontoadas na pista.

Ademais disto, o monte que hai pegado á cancha está cheo de xestas e non foi limpo, polo que desde o Concello se está a incumprir a lexislación vixente en materia de limpeza de montes e fincas. A lei establece que é competencia municipal delimitar cada ano unha franxa de seguridade arredor dos distintos núcleos de poboación para evitar que, en caso de incendio, para q non se corra o risco de que ardan as casas. E esa franxa de seguridade non consiste máis que en limpar o monte e fincas arredor das aldeas. Trátase doutra mostra máis da ineptitude dun goberno municipal que non ten capacidade de previsión, posto que o razoable sería que, durante o inverno, en lugar de ter as máquinas paradas, se planificasen e executasen estes labores de prevención e limpeza.11

Finalmente, cómpre engadir que, antes de que fagamos esta denuncia pública, a Concelleira de Xinzo Adiante Paqui Rodríguez falou varias veces coa concelleira da materia, alertando desta situación. A resposta por parte do goberno municipal foi facer caso omiso. Unha boa mostra do autoritarismo e a falla total de diálogo e escoita activa cara á oposición deste goberno local, que administra de forma autoritaria a maioría absoluta que a Lei d’Hont lle deu nas pasadas eleccións municipais, onde obtiveron 2675 votos, fronte aos 3049 das restantes forzas políticas con representación municipal.