Xinzo de Limia acolle o concerto de Hércules Brass polo día de Santa Icía

HÉRCULES BRASS
Xinzo de Limia acolle o concerto de Hércules Brass polo día de Santa Icía

O recoñecido quinteto de metais actuará esta tarde no auditorio municipal Ángel Cocho

O quinteto de metais, Hércules Brass, actuará esta tarde en Xinzo de Limia. O concerto terá lugar ás 19:00 horas no auditorio municipal Ángel Cocho. Esta actuación organízase no marco do Día de Santa Icía –patroa dos músicos– polo Concello de Xinzo de Limia e a Deputación de Ourense. A entrada é de balde.

Hércules Brass nace na Coruña no ano 2012 e está formado por mozos profesionais do vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España.

Nos seus comezos Hércules Brass foi finalista no 8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet celebrado en Alemaña, semifinalista no 8th International Chamber Music Competition en Francia e obtivo o primeiro premio do IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza en Benimodo.

Teñen actuado en Galicia, Zamora, Asturias, País Vasco, Comunidade Valenciana, Cataluña, Madrid e Suíza.