miércoles 27.05.2020

Xinzo e Sandiás continuaron este fin de semana coa desinfección

Cuarta vez en cada un dos concellos

Desinfección Xinzo
Desinfección Xinzo

A praza Carlos Casares foi, unha vez máis, o lugar dende o que arrincou esta mañá o operativo de desinfección.

Agricultores, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros puxérono en marcha a primeira hora.

É a cuarta vez que se desinfecta todo o municipio dende que empezou a crise do Covid-19.

Sandías fixo na tarde de onte, segundo informan nas redes oficiais do propio concello.

limpeza 1