sábado 26/9/20

Xinzo entre as vilas máis xenerosas da provincia de Ourense

50 % entre homes e mulleres

Xinzo entre as vilas máis xenerosas da provincia de Ourense

Case medio cento de veciños e veciñas de Xinzo e a Limia pasan cada día que a unidade móbil do Centro de Transfusións de Sangue de Galiza está na vila.

Unidade doazón sangue 2

Normalmente a xente doadora repite as 4 veces no ano que poden doar os homes e tres veces as mulleres, aínda que hai veciños que intenta doar algunha máis, cousa que non se permite.

O tempo que un bota no autobús, non soe pasar de 20 minutos,  e polo  xeral  todo discorre con toda normalidade.

QUEIXAS POLO SOL

O único que a xente advirte é que a situación do autobús, podería ser outra, porque por exemplo na tarde de onte, chegamos a estar a 29/30º, e iso a verdade é que é unha situación pouco cómoda.

Comentarios