Xornada gastronómica en Bande para enxalzar “o pedro”
Un embutido propio que se elabora nalgunhas aldeas deste concello
Coincidindo co DOMINGO DE ENTROIDO, EN BANDE, celebrarase a TERCEIRA edición do COCIDO DON PEDRO. O protagonista é o Pedro, que liderará o compango dunha nutrida e nutritiva bandexa de verduras e legumes cocidas. O PEDRO, é un embutido tradicional das matanzas caseiras que cada vez máis está en desuso. Tal “ enchido”, elabórase embutindo no cego do intestino groso da tripa do porco o mesmo amoado que o empregado nos chourizos de cabazo….
Tradicionalmete, na zona de Bande, ben é certo, que o tamaño, obrigaba a ser comido nun día de festa e –ademais- dada a súa curación e conservación adoitaba ser nos primeiros meses do ano, acompañado de vexetais de inverno e patacas e legumes, en moitos casos fabas, noutros garavanzos. Do Pedro dise aínda que se parece, ben se diferencia da peza denominada “ botelo” .Nalgunhas partes de Galicia que se embute no estómago do porco ou do “ bandullo” doutras zonas do sur da provincia de Ourense.
O menú será o seguinte:
Aperitivos :
.-Paté don Pedro con cebola caramelizada con mel do Xurés e galleta mariñeira
.-Pasta untable elaborada con embutido e queixo fresco, presentada sobre tosta mariñeira con cebola caramelizada con mel do Xurés.
.- Untable de chourizo de cebola e pemento do piquillo -Pasta untable de chourizo de cebola e pemento do piquillo.
.- Orchichón -Toro de fino embutido con ortiga deshidratada.
.- Petolo -Tradicional peza de pan de millo que inclúe anacos de chourizo e touciño que se elaboraba nalgunhas parroquias do concello de Bande.
.- Cocido Repolo, garavanzo, pataca –popularmente emprégase repolo rizado, garavanzo, aínda que en moitas parroquias recóllense o emprego de faba branca de “ ril” e pataca da variedade de Kennebec ou baraca.
.- DonPedro -Embutido elaborado con tripa cular, grosa, propio e característico de moitas parroquias da Baixa Limia. Para o seu consumo aproveitábanse as comidas con carácter de reunión familiar, polo xeral, coincidindo co domingo de Entroido
.- Compango: chouriza – denominación que recibe nalgunhas parroquias o chourizo de carne-, Cachucha; comprada na empresa lareira de Puxedo, provén de canles de porco criadas e cebadas á antiga costumbrer destinada a salazó. O peso da peza rolda o 9 kg. O que infere o tamaño do marrano camiño do matader. Ademais, neste capítulo, inclúese: orella, rabo, lacón pezas imprescindibles nos cocidos da zona
Sobremesa
Letría –sopa doce elaborada con fideo fino e condimentado con canela. A súa presentación pode ser en fomra de taco ou caldosa, como sobremesa láctea de culler.
- Orella de entroido –doce de tixola, importado doutras rexións de España, actualmente despáchase como propio do entroido-. Bocado de vexigato con mirabel en caldo de azucre ao licor de ortiga.
. – Vexigato é un pudding de pan que se elaboraba embutiendo na vejiga do porco a amasada doce. O mirabel é un froito que actualmente se cultiva na zona dado que a árbore adaptouse moi ben ao clima.
.- Queixo do país con crema de marmelo e mazá –variedade de queixo que tradicionalmente se elaboraba nas casas para autoconsumo
.- - Café de pota e licor.
ADEMAIS, acompáñase de Pan de Cea, Viño tinto e auga . O prezo é de 16 € e regálase prato conmemorativo. Tamén haberá un menú infantil 8 €, nenos de 8 a 12 anos que se servirá previa reserva