lunes 25.05.2020

Xornada de portas abertas e un magosto para celebrar o 25 aniversario do CDR O Viso

O festexo tivo lugar na tarde do sábado

Xornada de portas abertas e un magosto para celebrar o 25 aniversario do CDR O Viso

    O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso viviu un día especial na tarde do sábado. Celebraban 25 anos de actividade e fixérono cunha xornada de portas abertas e un multitudinario magosto. Dende a mañá achegáronse a Lodoselo un gran número de visitantes que se uniron ós usuarios do centro. Voluntarios, traballadores e asistentes gozaron dunha xornada festiva na que non faltaron as castañas e os licores artesáns da destilería Alicornio. A música correu a cargo de Os Galos de Antioquía e Cantaralai, entre outros.lodoselo

O momento emotivo do día foi a proxección dun vídeo que resumiu a actividade do centro nestes anos, acompañando á xente do rural e contribuíndo a mellorar a calidade de vida de moitos veciños e veciñas. Mestura de sentimentos entre a ledicia e a tristura polos que xa non están, con todo os que ata alí se achegaron disfrutaron e bailaron ata ben entrada a noite. 

Comentarios