Xubilouse unha “institución” en Xinzo

IMG_20191105_113626
Xubilouse unha “institución” en Xinzo
Dende hoxe xa non será o mesmo sorriso o que reciba aos que acudan ao Concello de Xinzo

Onte foi o último día de traballo do “Arturo”, como todo o mundo de Xinzo o coñece

Segundo el nos manifestou entrou a traballar no Concello ala polo ano 87 contando con 32 anos de “traballo” no mesmo.

IMG_20191105_113611De todo o persoal laboral co que conta neste momento o Concello, quizais sexa o que máis alcaldes tivo, aínda que para el ó que máis lembra é a Isaac Vila, co que entrou a traballar e despois de dous anos no camión do lixo, pasou xa ás dependencias municipais, pero facendo de “chofer”, aínda que non fora contratado para elo. Segundo el conta, este “traballo” duroulle 20 anos, ata que Vila deixou de ser alcalde.
Arturo, como queren que se lle chame, sen apelido, posto que el é dende fai tempo a primeira imaxe coa que se encontra calquera que vaia as oficinas municipais, di que de todos os alcaldes que tivo, de todos ten que falar ben, se non o fixera así “peco”.
Pois dende hoxe mesmo está claro que outra será a imaxe e a impresión que todos aqueles veciños que acoden a cotío o concello se van a levar e por suposto todos aqueles que aínda sendo a primeira vez, teñen que facer xestións na consistorial de Xinzo.

Para calquera outra persoa que se xubilase habería que dicir o nome e apelidos para referencialo totalmente, el foi , é,e será diferente, xubilouse o Arturo, e con iso basta.