jueves 28/1/21

A Xunta alerta dun episodio de temperaturas mínimas de nivel laranxa no sur da provincia de Ourense

Recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal

image_gallery
image_gallery

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse no sur da provincia de Ourense -8 grados de temperatura. Está tamén activada unha alerta amarela por temperaturas mínimas no suroeste da Coruña, que pode acadar os -2 grados; no centro, sur e A Mariña lucense con valores entre -2 e -4 grados; e a zona do Miño en Ourense e Pontevedra así como o interior da provincia de Pontevedra onde se esperan temperaturas que poden acadar os -2 grados.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica máis detallada e con enlaces de interese.