1ºPLENO SEN NADA QUE DESTACAR

pLENO 26.06.2015
1ºPLENO SEN NADA QUE DESTACAR

Poucos, OU NINGÚN cambio sobre o previsto nas delegacións de competencias dós membros do goberno municipal

No punto nº 6 da orde do día do primeiro pleno extraordinario da nova corporación facía referencia as delegacións de competencias, ó que todos entendemos por o traballo que vai a desenrolar cada un dos concelleiros.

López Casas 1º Tenente de Alcalde ponse ao fronte da concellería máis relevante, o que sería a COTOP (Obras ,Urbanismo e Infraestruturas

Luís M. Gil. é o seguinte concelleiro e magnitude de competencias. Cultura, festexos,deportes, xuventude e Educación. Tamén é o único concelleiro con media adicación exclusiva no concello. Na súa intervención o portavoz de XA denominouno o MACRO-CONCELLEIRO

Carlos Gómez faise cargo agora de Turismo Promoción Económica e Facenda.

Manuel Cabas Medio Ambiente e Sanidade.Terá que levar a cabo unha das acción que ata o propio alcalde dixo que era o punto débil destes últimos catro anos, a limpeza da vila.

Silvia Blanco, será a responsable de Servizos Sociais Igualdade e Benestar

Teresa Puga, terá que empregarse a fondo , enfrontándose a outro dos capítulos importantes deste concello. Persoal, Réxime Interior e Tráfico.

Montse Lama repite nas competencias que xa tiña Comunicación e Relacións Institucionais e Protocolo, incrementándolle as referentes as Novas Tecnoloxías..

Mª Dolores Calvo, será a responsable de Medio Rural, Pedanías, desenvolvemento Agrario industrial e participación cidadá.

COMISIÓN DE GOBERNO

Noutro punto do orde do día, que non levaba consigo ningunha votación era a composición da comisión de goberno que nestes catro anos estará formada polo alcalde e todos os concelleiros excepto Luís M. Gil , pola súa adicación exclusiva e por Montse Lama por estar como deputada provincial.