101.893,66€ para melloras no parque empresarial de Xinzo

poligono-xinzo-limia
101.893,66€ para melloras no parque empresarial de Xinzo

Foron concedidos pola Xunta de Galicia

No día de hoxe, notificóuselle ó Concello de Xinzo de Limia a resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia pola que se lle concedeu unha subvención por importe de 101.893,66€ para a habilitación e mellora de infraestruturas do seu parque empresarial.

Dita subvención, provinte do marco de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresarias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 da Xunta de Galicia, permitirá o asfaltado dos viais do Parque Empresarial de Xinzo de Limia.

Así pois a andadura da nova Corporación Municipal que se constitúa tralas últimas eleccións municipais comezará con boas novas e unha importante axuda económica aos efectos de acometer ditas melloras no parque empresarial de Xinzo de Limia.