1º Concurso de confeción de doces

madalenas
1º Concurso de confeción de doces

Doce típico de Xinzo de Limia do século XIX

madalenasA concellería de cultura pon en marcha o primeiro concurso fdr confeción duns doces típicos de Xinzo cuxas receitas aparecen no libro de fábrica (libro administrativo a modo de diario económico da parroquia), o abade Don Bernardo Antonio González, escribiu á marxe uns apuntes que recollían receitas para realizar lambetadas, cecas para os días de festa ou para visitas notábeis. Explicaba o método de facer “barquiños” e “manteigadas” . no século XIX.

DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN

O concurso terá lugar na Casa da Cultura e Xuventude de Xinzo de Limia. Prazo de inscrición: a partir do 24 de Maio, ata o 21 de Xuño 2019. Presentación de doces para pre selección: 29 de xuño de 2019.- Concurso-demostración final: 18 de Xullo 2019 festividade de Santa Mariña.

barquillos

Poderán participar todas as persoas, incluído profesionais, maiores de idade, empadroados en Xinzo de Limia ou que teñan a súa actividade comercial, empresarial ou laboral no concello.

Para consultar as bases prema aqui.