Máis de 30 tractores da Limia preparados para desinfectar alá onde faga falta

IMG-20200323-WA0008
Máis de 30 tractores da Limia preparados para desinfectar alá onde faga falta

A Asociación de productores de pataca da Limia ofreceuse esta mañá a Delegada da Xunta e ao Subdelegado do Goberno

Amador Díaz presidente da asociación de productores de pataca da Limia puxo en marcha, despois da exitosa experiencia de esta mañá en Xinzo, unha campaña entre os asociados para colaborar cos seus tractores en labores de desinfección, alá onde fagamos falta.

Dende que no grupo da asociación se propuxo, esta mesma mañá, son xa máis de 30 asociados cos seus tractores os que se están ofrecendo para estas labores. Espera que antes que remate o día a cifra se duplique.

COMUNICACIÓN ÁS AUTORIDADES PROVINCIAIS

Vendo a resposta Amador Díaz, púxose en contacto coa delegada da Xunta en Ourense Marisol Diaz, así como co Xefe Terriotrial de Medio Rural para ofrecerse a todos os concellos que o necesiten. Non pouido contactar co Subdelegado do Goberno, pero deixamos o ofrecemento no seu gabinete.