domingo 27/9/20

8 novos velorios pasan a revisión definitiva da Consellería de Sanidade

8 novos velorios pasan a revisión definitiva da Consellería de Sanidade

Hoxe pasaron a revisión definitiva con resultado positivo os centros sociais-velorios de Lamas, Ganade, Laroá, Morgade, Pena, Solveira, Piñeira Seca e S.Pedro.

Estes centros xa tiñan a autorización provisional unha vez que remataron as obras para adecualos a nova normativa e hoxe pasaron a revisión definitiva, sendo para todos eles positiva.

Anteriormente xa pasaran a autorización definitiva os de Paredes, Faramontaos e Novas.

Neste momento quedan en obras os dous últimos pertencentes ao Concello de Xinzo, os de Moreiras e Boado.  Segundo declaración do Tte. de alcalde López Casas en 15 días estarán rematados e preparados para pasar a revisión definitiva, co que todos os centros sociais  que estaban previstos converter en velorios quedarán definitivamente arranxados e autorizados.

Comentarios