domingo. 03.07.2022

Abre o prazo para anotarse ó Campus de Deportivo e Campus Urbán-Deportivo de Verán de Xinzo

Os máis pequenos poderán gozar dun mes de xullo de deporte e xogos

luuu

O Concello abre o prazo para inscribirse no Campus Deportivo e Campus Urbán-Deportivo de Verán 2016. Poderán participar todas as nenas e nenos nados no 2003 e 2011. 

Por diante terán un mes enteiro de actividades como fútbol, baloncesto,atletismo, orientación, xogos deportivos e como novidade este ano apostarase pola ximnasia na súa rama deportiva, minitrand e acrogym.
Asi mesmo tamén contarán con excursións e asistirán á piscina municipal.

Os empadroados no concello pagará unha cota de 70 euros por mes enteiro e 40 por quincena. Os que non estean inscritos no padrón do concello terán que aboar 90 euros por mes e 50 por 15 días. As familias numerosas terán un desconto dun 20%.

O prazo para anotarse ó Campus Deportivo deberán acudir ó pavillón de deportes. No caso do Campus Urbán-Deportivo poderán facelo na Casa da Cultura. O prazo de inscrición remata o 17 de xuño.

Comentarios