domingo 24/1/21

Actividades e música para gozar en familia na xornada de Cooperativismo en Movemento de Xinzo

    O mércores vai ser un día dedicado a actividades para que toda a familia poida participar na xornada de Cooperativismo en Movemento. 

O parque do Toural será o lugar onde se van levar a cabo xogos para que colaboren tanto os pequenos como os maiores. 

Tamén haberá tempo para os contos da man de Tropa e Trapo e o concerto de Gloria, Mamá Cabra. 

A cita será o mércoresa partir das 17h e ata as 20h. A actividade está organizada polo Consello Galego de Cooperativas da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia.

Comentarios