ADEGAL DENUNCIA, ANTE A XEFATURA TERRITORIAL DE MEDIO RURAL DE OURENSE, AS CONSECUENACIAS DA ZEPA DA LIMIA QUE VETA O CAMBIO DE USO DO SOLO

tg_carrusel_cabecera_grande
ADEGAL DENUNCIA, ANTE A XEFATURA TERRITORIAL DE MEDIO RURAL DE OURENSE, AS CONSECUENACIAS DA ZEPA DA LIMIA QUE VETA O CAMBIO DE USO DO SOLO

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, ante a defensa dos colectivos representados, denuncia os perxuicios causados pola aplicación do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia, nunha reunión mantida na mañá de hoxe en Ourense en Medio Rural.

As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, así coma os particulares, nunha zona con alto valor agrario, na que cada día se demanda máis superficie para o cultivo, a Administración paraliza o cambio de actividade forestal a agrícola, imposibilitando día a día o normal funcionamento das explotacións agrícolas e gandeiras, sendo un veto ó sector primario.

As explotacións existentes e o aumento de superficies cultivables en terras ermas, supoñen unha posta en valor e contribúen de maneira moi positiva ó mantemento da superficie agraria útil, a que o grado de abandono da terra diminúa, fixando poboación no rural e diminuindo por tanto tamén o risco de incendios forestais, sen olvidar que estas actividades repercuten nos índices económicos da comarca, que son o sustento de moitas familias.

Na xuntanza tamén se aboradaron temas como a modernización dos regadíos, informando a Medio Rural que as Comunidades de Regantes realizaron xa os trámites pertinentes ante a Confederación Hidrográfica para a modificación da concesión.

Tamén se mostrou a figura que esta Asociación exerce ante os sectores que representa, trasladando a iniciativa de colaboración e coordinación ante as inspeccións a nivel nacional que o Ministerio realiza xunto con Medio Rural.