Ágora é "algo máis" que unha tenda

Sonia Trigo González. Stands Ágora e Bando´s
Ágora é "algo máis" que unha tenda
Este espazo de encontro pretende darse a coñecer, mostrar os seus produtos e o seu proxecto que inclúe talleres como "Entre nosotras"

Hoxe comezou a primeira xornada da Feira do Comercio Prolimia 2022. Alí, falamos con Sonia do expositor de Ágora e Bando´s.

Ela explica que Ágora é un lugar de encontro no que se reúnen varios espazos, tanto un lugar para tomar o té como unha tenda de lencería na que destacan a súa dedicación a disfrutar da sexualidade como un concepto de saúde e benestar.

Di Sonia que Ágora é "algo máis" queren buscar o benestar e o empoderamento da figura da muller rural aínda que recalca que o benestar trátano como unha cuestión tanto para as mulleres como para os homes.

Nesta feira pretenden mostrarse e dar a coñecer ese espazo de encontro. Ademais, mostrar os seus produtos e o seu proxecto que inclúe talleres como "Entre nosotras" para que a xente conte as súas experiencias e crear un ambiente de compatir e encontrarse.