miércoles 16/6/21

Agradecemento do concello de Xinzo ás “mascareiras” do confinamento do mes de marzo

Todas aquelas persoas que realizaron máscaras nas primeiras semanas do confinamento recibiron un agasallo e o máis importante o recoñecemento público  por parte do Concello de Xinzo

mascareiras1

Nun emotivo acto, o Concello de Xinzo quixo agradecerlle a todas as persoas que fixeron máscaras durante o primeiro estado de alarma a súa labor.

mascareiras2

Para elo, foron convocadas en dúas quendas (para evitar aglomeracións) para recibir un sentido homenaxe e un simbólico agasallo por parte da alcaldesa de Xinzo, no salón de plenos da Casa Consistorial.

Nun momento de carencia de máscaras, o seu traballo desinteresado permitiu proporcionar este elemento de protección a moitas veciñas e veciños de Xinzo que non tiñan onde adquirilas.

5

Agradecemento do concello de Xinzo ás “mascareiras” do confinamento do mes de marzo