A Aguilhoar adiántase para homenaxear a Xosé María Díaz Castro

Letras Galegas Aguilhoar
A Aguilhoar adiántase para homenaxear a Xosé María Díaz Castro
A asociación celebrará o día das Letras Galegas este sábado 10 de maio REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O Centro Social Aguilhoar adiántase ao...

A asociación celebrará o día das Letras Galegas este sábado 10 de maio

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

O Centro Social Aguilhoar adiántase ao vindeiro sábado 10 de maio para celebrar a festividade das Letras Galegas que este ano se lle dedica ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro. A festa comezará arredor das 21 horas coa proxección do documental “Nimbos de poesía” no local da asociación.

Cea e Clube dos Poetas Vivos

Despois da proxección chegará a hora da cea, e posteriormente a actuación poética-musical do Clube dos Poetas Vivos a iso das 22.30 horas. A festa rematará cunha foliada a cargo do grupo local das “Pandeiretas Salvaxes”.