lunes 09.12.2019

ALIMAGRO abriu as súas portas ao público

Elvira Lama actuou de anfitrioa na inauguración da 1ª feira do agro da Limia
ALIMAGRO abriu as súas portas ao público

  Saudou Elvira Lama na súa intervención a todos os veciños e veciñas que asistiron o acto . Despois agradeceu a dedicación dos concelleiros do seu grupo de goberno que co seu esforzo fixo posible esta 1ª edición da feira.

Quixo tamén agradecer a presenza de varios alcaldes da comarca e para finalizar os agradecementos nomeou ao Xefe Territorial de Medio Rural, ao Presidente do INORDE e por suposto ao Director Xeral de COREN, firma que axudou moito a que esta feira fose adiante.

Instantánea - 470Esta feira ,continuou dicindo Elvira lama, nace  con vocación de futuro, con vocación de crecemento e sobre todo con vocación de permanencia. Este equipo de goberno aposta decididamente polo piar fundamental desta comarca,  agricultura e gandería, e tamén por suposto co sector comercializador  e de servizos.
A continuación tomou a palabra Amador Díaz, moi emocionado, segundo el afirmaba pola súa dobre faceta, de concelleiro de Medio Rural e como agricultor dunha comarca que sen dúbida e a máis importante de Galicia no sector agrogandeiro.

Manuel P. Campos concelleiro de Promoción Económica insistiu nas declaracións dos seus antecesores en que esta feira non foi un quentamento, se non que nace con vocación de futuro.

Instantánea - 469

Anunciou a campaña que se está a facer durante estas dúas semanas entre a hostalaría na que se ofertarán unha serie de pinchos elaborados con patacas. Fixo tamén o anuncio da segunda parte desta feira que terá continuidade ao venres na feira da maquinaria.

Remataron o acto de inauguración o presidente do INORDE Rosendo Fernández e Yago Borrajo  agradecendo a invitación cursada e desexando “larga vida”

Instantánea - 468