jueves 27.02.2020
O prezo de saída é de menos de 100 € por ano

Alúganse locais por menos de 100 € /Ano en Xinzo

O Concello de Xinzo saca a poxa, varios postos na praza de abastos

IMG_20200212_173457
IMG_20200212_173457

Calquera empresario interesado poderá acceder á concesión demanial dos postos número 10, 12, 13, 14 e 16 da praza de abastos, destinados á exposición e venda de carnes e peixes.

IMG_20200212_173520Tal e como apareceu publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense o pasado 30 de xaneiro, xa está aberto o prazo para a presentación das solicitudes para optar a un dos postos da praza de abastos. O único criterio de adxudicación baséase no canon mellor ofertado, sendo o mínimo para aboar 99,73€ ao ano.
As ofertas deberán presentarse no rexistro do concello de Xinzo de Limia ou nos restantes lugares de presentación establecidos nos pregos. Deste xeito, realizarase a concesión demanial dos respectivos postos durante un prazo de 10 anos, sendo as garantías esixidas de 199,46€.
Todos aqueles interesados, contan con 30 días hábiles dende a publicación da oferta no Boletín xa mencionado para facer chegar as súas propostas monetarias, así como destes mesmos 30 días para realizar calquera alegación a ese expediente.

Para máis información na sede electrónica da páxina web