O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo presenta o concerto "O bosque máxico"

1
O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo presenta o concerto "O bosque máxico"

A cita musical terá lugar o mércores ás 20h na Casa da Cultura

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia organiza un Concerto Didáctico dirixido a nenos e nenas da comarca. O obxectivo é que coñezan o traballo que se fai no centro musical da vila e así poder despertar neles o interese pola música.

1

Os alumnos e alumnas tocarán pezas como "Yesterday" de The Beatles ou outros máis de ton infantil como a banda sonora de "La Sirenita" ou "Aladdin". Pezas musicais que van interpretar coa guitarra, frauta, piano, clarinete, saxofón, trompeta e trompa. Tamén haberá unha actuación da orquestra do conservatorio.

Con tal fin programáronse dúas funcións, unha de mañá a partir das 11h na Casa da Cultura. Asistirá o alumando das escolas públicas de C.E.I.P. Carlos Casares e C.E.I.P. Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia; C.E.I.P. de Sarreaus e C.E.I.P. de Baltar.

Este primeiro pase vai máis dirixido ós cativos. A partir das 20h terá lugar un segundo pase ó que están convidados todos e todas as veciñas da Limia que queiran asistir.